Johannes Kepler

Lugar de nacemento de Kepler, en Weil der Stadt |lugar_nacemento = Weil der Stadt,
25px Sacro Imperio Romano Xermánico |morte = |lugar_morte = Regensburg, Electorado de Baviera,
25px Sacro Imperio Romano Xermánico |residencia = Württemberg; Estiria; Bohemia; Alta Austria |nacionalidade = Alemán |etnia = |cónxuxe = |relixión = Luterano |campo = Astronomía, Astroloxía, Matemáticas e Filosofía natural |alma_máter = Universidade de Tübingen
Universidade de Linz |director_tese = Michael Maestlin |alumnos_tese = |coñecido = Leis de Kepler
Conxectura de Kepler |influído = |influíu = |premios = |notas = }} Johannes Kepler, nado o 27 de decembro de 1571 en Weil der Stadt (Baden-Württemberg) e finado o 15 de novembro de 1630 en Ratisbona, foi un astrónomo e matemático alemán e unha figura clave na revolución científica do século XVII, coñecido sobre todo polas súas leis do movemento planetario, e os seus libros ''Astronomia nova'', ''Harmonice Mundi'' e ''Epitome Astronomiae Copernicanae'', influíndo entre outros en Isaac Newton, proporcionandolle unha das bases para a súa teoría da gravitación universal. A variedade e repercusión dos seus traballos converteron a Kepler nun dos fundadores e pais da astronomía moderna, do método científico e das ciencias naturais.

Kepler foi profesor de matemáticas nun seminario de Graz, onde se converteu en socio do príncipe Hans Ulrich von Eggenberg. Máis tarde converteuse en axudante do astrónomo Tycho Brahe en Praga, e finalmente en matemático imperial do emperador Rodolfo II e os seus dous sucesores Matthias e Fernando II. Tamén ensinou matemáticas en Linz, e foi conselleiro do xeneral Wallenstein. Ademais, fixo un traballo fundamental no campo da óptica, sendo nomeado o pai da óptica moderna, en particular pola súa ''Astronomia Pars Optica''. Tamén inventou unha versión mellorada do telescopio refractor, o telescopio kepleriano, que se converteu na base do telescopio refractor moderno, á vez que melloraba o deseño do telescopio de Galileo Galilei, que mencionou os descubrimentos de Kepler na súa obra.

Kepler viviu nunha época na que non existía unha distinción clara entre astronomía e astroloxía, pero si unha forte división entre a astronomía (unha rama das matemáticas dentro das artes liberais) e a física (unha rama da filosofía natural). Kepler tamén incorporou argumentos e razoamentos relixiosos á súa obra, motivado pola convicción relixiosa e a crenza de que Deus creara o mundo segundo un plan intelixible e accesible a través da luz natural da razón. Kepler describiu a súa nova astronomía como "física celeste", como "unha excursión á ''Metafísica de Aristóteles''", e como "suplemento á obra de Aristóteles ''Sobre o ceo''", transformou a antiga tradición da cosmoloxía física tratando a astronomía como parte dunha física matemática universal.

Kepler foi chamado o "pai da ciencia ficción" pola súa novela Somnium''. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 1 results of 1 for search 'Kepler, Johannes', tempo de consulta: 4.08s Limitar resultados
1