Salvador Dalí

A familia Dalí en 1910: dende a esquerda, a súa tía María Teresa, os seus pais, a súa tía Catalina (segunda esposa do seu pai), a súa irmá Ana María e a súa avoa Ana. | datamorte = 23 de xaneiro de 1989 | lugarmorte = Figueres, Xirona | nacionalidade = española | eido = Pintura, Debuxo, Escultura, Fotografía, Escritura | educación = Real Academia de Belas Artes de San Fernando, (Madrid) | movemento = Cubismo, Dadaísmo, Surrealismo | traballos = ''A persistencia da memoria'' (1931
''Construción branda con feixóns fervidos (Premonición da Guerra Civil)'' (1936) | patróns = | influenciado por = | influenciado = | premios = }} Salvador Felipe Jacinto Dalí i Domènech, nado en Figueres o 11 de maio de 1904 e finado na mesma vila o 23 de xaneiro de 1989, foi un pintor, escultor, gravador, escenógrafo e escritor catalán, un dos principais representantes do surrealismo.

Aínda que o seu principal medio de expresión foi a pintura, tamén fixo incursións no cinema, a escultura, a xoiería e o teatro, e tamén traballou como deseñador de vestiario e escenógrafo, e escribiu algúns libros, entre os que destaca ''Diario de un genio'' (1965). Dalí é coñecido polas súas impactantes e oníricas imaxes surrealistas. As súas habilidades pictóricas adóitanse atribuír á influencia e admiración pola arte renacentista. Dalí tivo a habilidade de forxar un estilo persoal e recoñecible. Unha das súas obras máis importantes é ''A persistencia da memoria'', tamén chamada ''Reloxos brandos'', que data do ano 1931. Tamén foi un experto debuxante.

Como artista extremadamente imaxinativo, manifestou unha notable tendencia ao narcisismo e a megalomanía, cuxo obxecto era atraer a atención pública. Esta conduta irritaba a quen apreciaban a súa arte e xustificaba aos seus críticos, que rexeitaban as súas condutas excéntricas como un reclamo publicitario ocasionalmente máis rechamante que a súa produción artística. Dalí atribuía o seu «amor por todo o que é dourado e resulta excesivo, a súa paixón polo luxo e o seu amor pola moda oriental» a un autoproclamado «liñaxe arábigo», que remontaba as súas raíces aos tempos da dominación árabe da Península Ibérica.

Provided by Wikipedia
Showing 1 - 2 results of 2 for search 'Dalí, Salvador', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
1
Publicado 2002
Outros autores: ...Dalí, Salvador...
Libro
2
Publicado 2007
Outros autores: ...Dalí, Salvador...
Conference Proceeding Libro